Unha vez ían de camiño unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña.
Chegaron a un río e non sabían como atravesalo.
A castaña, que era moi lista, propuxo o seguinte:
-Como a palla pode flotar na auga, eu montarei encima dela e levarame nadando á outra beira. Logo regresará e levarache a ti, dixo dirixíndose á brasa.
Ás dúas pareceulles moi ben, e así se fixo. Primeiro a palla pasou á castaña e logo volveu pola brasa de carbón.
Pero cando estaban a metade do río, a palla sentiu que se queimaba coa calor da brasa e case sen querer fixo un movemento brusco, e dunha sacudida tirouna á auga.
Cando a castaña viuno, deulle un ataque de risa. Ríase tan a gusto de ver á brasa remollada, ríase con tanta forza, que rebentou.
A palla chegou á beira completamente chamuscada. A brasa chegou máis tarde, apagada por completo, chorreando.
Chegaron ademais moi enfadadas as dúas coa castaña, porque se riu cando elas o pasaban mal, pero cando viron que coa risa rebentara a súa pel, e estaba esnaquizada, compadecéronse e foron a buscar ao xastre para que a remendara e lle cosera o roto.
O xastre só tiña un anaco de tea de cor máis clara que o da pel da castaña, e tivo que apañarse póndolle un anaco desa cor.
Por iso agora andan todas as castañas cun anaco de pel, que parece un trociño máis claro.
AQUÍ TEDES OS DEBUXOS DESTE CONTO PARA COLOREAR:http://www.picasaweb.google.com/bibliocole
No hay comentarios:
Publicar un comentario