lunes, 13 de diciembre de 2010

O MUNDO DAS EMOCIÓNS: ASÍ ME SINTO EU

DESENVOLVER E TRABALLAR O USO DAS EMOCIÓNS: A EMPATÍA, O CARIÑO, A ALEGRÍA, A TRISTEZA, OS CHOROS...LEVARANOS A COÑECELAS PARA PODER USALAS DUNHA MANEIRA MAIS CONSCIENTE. OS NENOS/AS DEBEN APRENDER EXPRESAR COMO SE SINTEN, OS SEUS SENTIMENTOS, O SEU ESTADO EMOCIONAL...
ISTO É UNHA ACTIVIDADE QUE COMENZAMOS A FACER  AO CHEGAR POLAS MAÑÁS, OS NENOS E NENAS SITÚANSE NO PANEL :
O MUNDO DAS EMOCIÓNS:ASÍ ME SINTO EU 
NESTE PANEL REFLÉXANSE ALGUNHAS DAS EMOCIÓNS MAIS COMÚNS, E QUIZAIS TAMÉN MAIS SINXELAS DE IDENTIFICAR COMA SON: CONTENTO, DURMIDO, ASUSTADO, TRISTE, ENFADADO E CARIÑOSO.


UNHA VEZ QUE CADA NENO/A IDENTIFICOU  A SÚA EMOCIÓN, SE QUERE COMPARTE CON TODOS NÓS PORQUE SE SINTE ASÍ, SE NON QUERE RESPÉTASE O SEU DEREITO A NON DESEXAR CONTALO.
O QUE SÍ É MOI IMPORTANTE É RESPETA-LO ESTADO AFECTIVO EN QUE SE ATOPA CADA NENO/A  E SI ESTÁ ENFADADO, OU SI ESTÁ TRISTE...INTENTAREMOS QUE MELLORE O SEU ESTADO DE ÁNIMO MAIS RESPETANDO SEMPRE COMO SE ATOPA E SEN INSISTIR.



No hay comentarios:

Publicar un comentario