lunes, 13 de diciembre de 2010

O APALPADOR, O NOSO "PAPÁ NOEL"

O APALPADOR É UN XIGANTE DE OFICIO CARBOEIRO, QUE VIVE NAS DEBESAS DAS TERRAS DE ANCARES, COUREL E TRIVES. NA NOITE DE NADAL BAIXA ÁS ALDEAS PARA ACHEGARSE AOS NENOS E ÁS NENAS MENTRAS ESTÁN DURMIDOS. COIDADOSAMENTE, APÁLPALLES AS BARRIGAS PARA VER SE ESTÁN BEN MANTIDOS. LOGO DE DESEXARLLES QUE NO VINDEIRO ANO NON PASEN FAME, MARCHA DEIXÁNDOLLES UNHA MOREA DE CASTAÑAS BEN QUENTIÑAS….

AQUÍ DEIXO O ENLACE DO CONTO "ANTÓN E O APALPADOR"  http://apalpador.es/
ESTE OUTRO LIBRO TITULADO "O APALPADOR" DA EDITORIAL BIBLOS TAMÉN FALA DESTE SINGULAR PERSONAXE.CLICANDO NO ENLACE PODERÁS LELO EN PDF
http://www.apalpador.com/apalpador.pdf 


No hay comentarios:

Publicar un comentario