A VERBA "CARAMELO" DE IRIA
ESTA SEMANA DESPOIS DO REENCONTRO DAS VACACIÓNS CON APERTAS, BICOS E MOITO QUE CONTARNOS, CONSIDERAMOS AXEITADO SEGUIR A TRABALLAR COA VERBA PARA MEDRAR QUE TROUXERA IRIA ANTES DO NADAL: "CARAMELO".
IRIA CONTOUNOS QUE LLE GUSTAN MOITO OS CARAMELOS DE MENTA, QUE SON OS SEUS PREFERIDOS. DITO E FEITO TOCABA SABOREAR ESTAS DOCES LAMBOUZADAS, MAIS ANTES IAMOS COMPROBAR CANTOS CARAMELOS VIÑAN NA BOLSA E XOGAMOS CO SEU VALOR NUMÉRICO.
PARA ISO FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE BASEADA NA ASOCIACIÓN DE CANTIDADE CO SEU NÚMERO CORRESPONDENTE, E FOMOS COLOCANDO DEBAIXO DE CADA NÚMERO A CANTIDADE DE CARAMELOS QUE REPRESENTA.
TAMÉN COMPROBAMOS QUE HABÍA MAIS DE 18 XA QUE CADA NENO/A TIÑA UN CARAMELO NO SEU NÚMERO.
AO REMATA-LA XORNADA DISFRUTAMOS CO SEU SABOR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario